A unidade de expedición do DNI e do pasaporte pasará por Celanova a vindeira semana

Celanova acollerá nas próximas semanas a presenza dun equipo móbil de expedición do DNI e do pasaporte, co obxectivo de facilitar á veciñanza a renovación e tramitación destes documentos sen necesidade de desprazarse a outras localidades.
O servizo estará dispoñible na Praza Maior os días 14, 20 e 29 de abril, en horario de 9:00 a 13:00 horas.
As persoas interesadas deberán reservar cita previamente nas oficinas municipais de Celanova, a partir do 30 de marzo. Para máis información, o Concello habilita o teléfono 988 431 481.