A unidade móbil da ITV para ciclomotores estará en Maceda este martes

OurenseXa
Estará situada xunto ao Pavillón Municipal de Deportes en horario de mañá
itv_ciclomotores
22 Sep 2025

O vindeiro martes 23 de setembro desprazarase a Maceda unha unidade móbil para realizar a inspección técnica de ciclomotores. Estará situada xunto ao Pavillón de Deportes Municipal Pablo Rodríguez Guede, e atenderá en horario de 9:00 a 13:30 horas.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa a través da web de Sycitv ou chamando ao 902 30 90 00 en horario de 9:00 a 18:00 horas. Para atención ao cliente, tamén está dispoñible o teléfono 981 90 30 00, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.10546207427979