A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores en Allariz

OurenseXa
Situarase no Campo da Barreira en horario de mañá e de tarde
Imaxe dun autobús de doazóns de sangue
15 Jul 2025

Este mércores, 16 de xullo, a Unidade Móbil de Doazón de Sangue desprazarase ata o Campo da Barreira, en Allariz, cun horario amplo para facilitar a participación: de 09:45 a 14:15 horas pola mañá e de 16:00 a 21:00 pola tarde.

Desde a organización lembran a importancia de seguir algúns consellos básicos: almorzar antes de doar, evitar comidas copiosas e agardar dúas horas se se acaba de xantar. Tamén é preciso levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar, e informar ao persoal sanitario se se está a tomar algún medicamento.Para doar só é necesario ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos.

⚙ Configurar cookies
0.19825601577759