A Unidade móbil de doazón de sangue visitará Allariz este martes

O vindeiro martes 25 de novembro, unha unidade móbil de doazón de sangue de ADOS estará situada no Campo da Barreira de Allariz. A iniciativa responde á necesidade constante de manter as reservas de sangue nos hospitais galegos, que requiren máis de 400 doazóns diarias para atender a demanda asistencial.
A unidade móbil atenderá en horario de mañá, de 9:45 a 14:15 horas, e de tarde, de 16:00 a 21:00 horas. Para doar, recoméndase ter almorzado e, no caso de ter xantado, agardar polo menos dúas horas antes de acudir. Tamén é necesario presentar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar, ademais de informar ao persoal sanitario sobre calquera medicación que se estea a tomar.
Entre os requisitos para doar sangue atópanse ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. O proceso dura aproximadamente dez minutos e constitúe un xesto solidario fundamental para a saúde de moitas persoas.
As persoas interesadas en obter máis información poden consultar a páxina web de ADOS, escribir ao correo doazon@sergas.gal ou chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.