A unidade móbil de doazón de sangue visitará Allariz este martes

Este martes 17 de marzo, a unidade móbil da ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue) estará presente en Allariz para unha xornada de doazón de sangue. A cita terá lugar no Campo da Barreira, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Lembran que doar sangue é rápido —uns 15 minutos do teu tempo poden contribuír a salvar vidas— e que existen algúns requisitos para participar: os doantes deben ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kg. Ademais, é imprescindible presentar o DNI ou outro documento oficial de identificación.
Para unha doazón segura, recoméndase non acudir en xaxún. Se a visita é pola tarde, convén esperar polo menos dúas horas despois de xantar e evitar comidas moi pesadas. Tamén se suxire manter unha boa hidratación, bebendo auga ou refrescos antes de acudir.