A V Festa Etnográfica de Loñoá regresa o 4 de agosto
OurenseXa
A xornada contará con actividades musicais e teatrais, así como un campionato de billarda e diversos obradoiros

24 Jul 2024
O Concello de Pereiro de Aguiar vén de presentar o programa da V Festa Etnográfica de Loñoá, que terá lugar o vindeiro domingo, 4 de agosto.
O programa arrancará ás 11.00 horas da mañá cun obradoiro de Xogos Populares e a actuación da Asociación de Gaiteiros do Irixo.
A xornada contará con actividades musicais e teatrais, así como un campionato de billarda e un xantar popular. Ademais, haberá dous sorteos de agasallos de artesanía para os asistentes.