A V Fornada Tradicional de Niñodaguia puxo en valor a olerías tradicional galega

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A cita enmárcase dentro da celebración dos Días Europeos da Artesanía
fornada-tradicional-niñodaguia
6 Apr 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse este sábado ata a localidade de Niñodaguia, onde se desenvolveu a V Fornada Tradicional de Niñodaguia nos antigos fornos de pedra, unha actividade apoiada pola Xunta, na que tamén estivo presente o alcalde do municipio, Carlos Gómez, con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía.

A de Niñodaguia é unha das catro olerías tradicionais que continúan activas en Galicia —xunto coa de Buño (Malpica de Bergantiños), Bonxe (Outeiro de Rei) e Gundivós (Sober)—, caracterizada polo barro de cor amarelo. Nos últimos anos, a zona conta cun Museo da Olería que contribúe á dinamización e posta en valor do barro local e das formas tradicionais, onde se celebra cada mes de agosto o Encontro de Cacharreiros co apoio da Fundación Artesanía de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.15880608558655