A V Xuntanza de Clásicos de Taboadela pecha as inscricións con 125 vehículos participantes

OurenseXa
Dende a Escudaría Taboadela destacan a boa acollida do evento, que este ano bate récord de asistencia
xuntanza-clasicos-tabodaela
Xuntanza de Clásicos de Taboadela, imaxe de Escudaría Taboadela
9 Apr 2025

A Escudaría Taboadela organiza o vindeiro domingo, 13 de abril, a V Xuntanza Clásicos Taboadela, que este ano bateu récord de participación con 125 vehículos inscritos e máis de 250 asistentes.

Dende a organización avisan que de que, tras completarse todas as inscricións, xa non se permitirá a participación de máis persoas, e explican que “é un tema de espazo”, polo que non poden admitir máis vehículos, pese a que continúan recibindo solicitudes.

“Seguímonos sorprendendo da boa e gran acollida que teñen os eventos que organizamos”, sinalan dende a Escudaría Taboadela, e aseguran que esperan “estar á altura e que todas as persoas que asistan pasen un bo domingo de clásicos en Taboadela”.

⚙ Configurar cookies
0.17580890655518