A veciñanza da AVV As Termas acolleu un obradoiro sobre saúde do pé

O centro social da Asociación Veciñal As Termas, situado na Praza 200, acolleu un obradoiro dedicado á saúde do pé impartido polo podólogo Navor Pereira.
A actividade foi organizada pola Asociación Diabética Auria en colaboración coa Agrupación Miño, co obxectivo de achegar información especializada sobre saúde e diabetes ás asociacións veciñais da periferia.
A sesión contou cunha participación activa das veciñas, que aproveitaron a presenza do profesional para resolver dúbidas relacionadas co calzado, o coidado dos pés e a importancia da prevención e dos hábitos de vida saudable.