A veciñanza da Bola aprende a usar ferramentas dixitais grazas ao curso “Reto Rural Dixital”

OurenseXa
As actividades puxeron fin cunha experiencia práctica e formativa que foi todo un éxito
curso-reto-rural-a-bola
29 Mar 2026

O Concello de A Bola celebrou recentemente o curso “Reto Rural Dixital”, unha iniciativa orientada a fomentar o uso de ferramentas dixitais entre a veciñanza. Durante as sesións, os participantes puideron coñecer aplicacións útiles para o día a día e aprender todas as vantaxes do certificado dixital, permitindo realizar trámites desde o móbil de forma segura e áxil.

Desde o Concello destacan a implicación das persoas participantes, así como a profesionalidade e cercanía de Pequeno O Ribeiro no desenvolvemento do curso. Tamén quixeron poñer en valor o labor de Ingrid, Axente TIC do Concello de A Bola, pola súa organización e compromiso na coordinación desta actividade. Ademais, salientan que estas accións confirman que o rural tamén é dixital e conta con oportunidades de futuro, promovendo a formación tecnolóxica entre todos os cidadáns.

0.14198398590088