A veciñanza da Bola poderá ir a Santiago a ver a función ‘Hamlet’ co programa de mobilidade do Centro Dramático Galego

OurenseXa
Desde o Concello lembran que o prazo para anotarse remata este mércores
HAMLET
31 Mar 2026

O Concello de A Bola lembra á veciñanza que o prazo para inscribirse na saída cultural prevista para o vindeiro sábado 11 de abril, dentro do Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego, rematará esta semana.

A actividade permitirá ás persoas participantes asistir á representación da obra “Hamlet” no Salón Teatro, cunha saída en autobús ás 14:45 horas desde a Casa do Concello. A función comezará ás 18:00 horas e o regreso está previsto para as 20:15. O prezo da entrada é de 5 euros e as inscricións poden realizarse ata o 1 de abril a través dos teléfonos habilitados polo Concello. Desde a organización lembran que as prazas son limitadas.

0.13230109214783