A veciñanza de Coles gozou dunha xornada dedicada á natureza cun roteiro silvestre

A veciñanza de Coles participou nun roteiro silvestre centrada na identificación de flores medicinais e comestibles co obxectivo de achegar á cidadanía ao coñecemento do patrimonio natural do municipio.
Durante a xornada, as persoas participantes percorreron diferentes espazos naturais, nos que aprenderon a recoñecer distintas especies de plantas, así como as súas propiedades e usos tradicionais. A actividade tamén puxo o acento na importancia de realizar unha recollida responsable e respectuosa co medio ambiente, fomentando prácticas sostibles.
O encontro permitiu compartir coñecementos e curiosidades arredor da flora local, converténdose nunha experiencia enriquecedora na que se puxo en valor a diversidade do entorno natural de Coles.
Desde o Concello agradeceron a participación da veciñanza, destacando o carácter participativo e o bo ambiente vivido durante a xornada, que contribuíu a reforzar a conexión coa natureza e o respecto polo medio.