A veciñanza de Rabo de Galo participou nunha xornada formativa sobre compostaxe doméstica

OurenseXa
A actividade tivo como obxectivo poñer en valor a importancia da correcta separación dos residuos domésticos e o seu aproveitamento
compostaxe-rabo-de-galo
Xornada sobre compostaxe na AVV Rabo de Galo
17 May 2025

O centro social da Asociación de Veciños e Veciñas de Rabo de Galo, integrada na Agrupación Miño, acolleu unha xornada formativa sobre compostaxe doméstica.

Esta actividade forma parte do Programa Participativo sobre Compostaxe, que busca destacar a relevancia de separar axeitadamente os residuos domésticos e aproveitar a materia orgánica para a elaboración de compost. As persoas participantes recibiron un cubo marrón para trasladar os restos orgánicos do fogar ao composteiro instalado nas súas fincas.

A finais de abril, a xornada tamén se celebrou na Asociación Veciñal Castro de Beira, tamén integrada na Agrupación Miño, cun grande éxito de participación.

⚙ Configurar cookies
0.16546893119812