A veciñanza de Rabo de Galo reclama máis seguridade nos accesos dende a N-525
As veciñas e veciños de Rabo de Galo levan anos reivindicando mellora nos accesos dende a N-525, xa que "actualmente supón un perigo para a seguridade viaria".O acceso desta estrada, denuncian, leva acumulado dende 2010 varios sinistros de tráfico que remataron cun falecido, 5 feridos graves e 37 feridos leves, segundo datos oficiais.
Desde a Asociación Veciñal Rabo de Galo lembran que no ano 2023 presentáronse escritos por sede electrónica dirixidos ao Concello de Ourense, ao Ministerio de Fomento e á Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico, nos que se pedía a instalación de un radar de tramo para a estrada nacional N525 ao seu paso por Rabo de Galo.
Agora, os veciños e veciñas consideran insifuciente o radar anunciado para a entrada do tunel xa que non solucinará o problema de exceso de velocidade deste vial. Por ese motivo, reiteran a petición xa feita en 2023 de que o radar instalado na N-525 sexa de tramo se realmente se quere conseguir mellorar a seguridade viaria da zona.