A veciñaza de Barbadás abordou nunha charla a conquista de dereitos das mulleres con discapacidade

OurenseXa
A actividade forma parte do Programa Exeria, unha iniciativa destinada a ofrecer atención e asesoramento a mulleres en situación de especial vulnerabilidade
programa-exeria-recurso
5 Oct 2025

O Centro Ocupacional As Burgas de Barbadás foi escenario esta semana da actividade “Mulleres e nenas con discapacidade: conquistando dereitos, atravesando charcos”, organizada dentro do Espazo Feminista para o Empoderamento e enmarcada no Programa Exeria.

A experta en igualdade Laura Seara abordou durante a charla a conquista de dereitos das mulleres con discapacidade e os retos que enfrontan no camiño cara ao seu empoderamento. A actividade tivo como obxectivo ofrecer información, apoio e asesoramento, promovendo a visibilización dos dereitos destas mulleres e fomentando a igualdade de oportunidades.

O Programa Exeria, promovido polos concellos de Barbadás, A Pobra de Trives e Ramirás, destínase a ofrecer atención e asesoramento a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

⚙ Configurar cookies
0.085729122161865