A Verbena Charamusgas regresa o 11 de outubro ao campo de Cambeo

OurenseXa
A festa estará ambientada nos 50 e combinará música, tradición e baile
verbena-charamusgas
28 Sep 2025

O campo de Cambeo, no concello de Coles, acollerá o sábado 11 de outubro a sexta edición da Verbena Charamusgas, unha cita que combina música, tradición e baile cunha ambientación inspirada nos anos 50.

A xornada comezará coa música da Banda de Santádega de Coles, acompañada polas pandereteiras Charamusgas, anfitrionas do evento, e o grupo As Kuartetas. Pola tarde, tras o xantar popular no campo, os asistentes terán a oportunidade de participar nun obradoiro de baile impartido por Xisco Feijóo. A programación continuará pola noite cos concertos de Galega de Bailables, Coanhadeira e De Pé Feito + AOFT, aos que se sumará unha foliada aberta con grupos convidados.

⚙ Configurar cookies
0.1048948764801