A VI Festa Etnográfica do Pereiro celebrarase o 13 de xullo
OurenseXa
Será en Loñoá e haberá música, baile, artesanía, xogos populares, gastronomía e actividades para os máis pequenos

19 Jun 2025
O próximo 13 de xullo celebrarase en Loñoá a VI Festa Etnográfica do Pereiro. Será un día pensado para disfrutar en familia con música, tradición, xogos, obradoiros e boa comida.
Durante a xornada haberá actividades relacionadas coa música e o baile, artesanía, oficios tradicionais, xogos populares, gastronomía e actividades para os máis pequenos.
Este evento está organizado polo Concello do Pereiro, en colaboración coa Deputación de Ourense, e ofrece unha oportunidade para vivir a cultura local.