Pereiro celebrará a súa VI Festa Etnográfica este domingo en Loñoá

OurenseXa
Música tradicional, xogos, obradoiros e oficios tradicionais centrarán a xornada
presentacion-festa-etnografica-do-pereiro-2025
Imaxe da presentación da VI Festa Etnográfica do Pereiro
12 Jul 2025

Este domingo, 13 de xullo, Loñoá acollerá a VI Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar, un día pensado para disfrutar en familia con música, tradición, xogos, obradoiros e boa comida. O evento está organizado polo Concello do Pereiro, en colaboración coa Deputación de Ourense.

Durante toda a xornada haberá obradoiros infantís, mostras de oficios tradicionais e xogos infantís teatralizados.

A programación da mañá incluirá obradoiros de xogos populares e tradicionais co Centro Cultural Xaquín Lorenzo “Xocas”, e obradoiros para nenos e adultos. Tamén haberá recepción de autoridades e actuacións de música e baile tradicional co Grupo Rebulir na Praza da Capela de San Antonio. Ademais, representarase a obra teatral “5 minutitos máis” para público familiar e realizarase un sorteo de agasallos de artesanía antes do xantar.

Pola tarde, a festa retomará coa actuación da tiktoker galega Leti da Taberna con “Enredada”, un campionato de Billarda e Chave con entrega de premios, e un contacontos titulado “Unha escoliña de lobas”. Tamén haberá un concerto punk-infantil con Peter Punk e Brais das Hortas, seguido dun concerto-foliada do Grupo de Danzas Castro Floxo. A xornada finalizará cun segundo sorteo de agasallos de artesanía e coa actuación musical da charanga “A Felga”.

⚙ Configurar cookies
0.17028188705444