A VIII edición de Cromática estará aberta ao público ata o 14 de setembro
OurenseXa
A mostra, consolidada como unha cita de referencia na programación cultural da cidade de Ourense, reúne cada ano as obras de novos artistas internacionais
14 Xul 2024
Crómática é a cita bienal de pintura nova que a Fundación Cum Laude organiza en Ourense e que, este 2024, festexa a súa oitava edición. O obxectivo desta mostra é dar a coñecer o obra de pintores novos que terán a oportunidade de exponer os seus traballos a partir do 13 de xullo na sala de exposicións José Ángel Valente.
A cita reúne cada ano as obras de diversos artistas de entre 18 e 35 anos tanto do panorama galego como a nivel internacional e consolídase como unha cita de referencia na programación cultural da cidade. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 14 de setembro.