A VIII edición de Cromática pecha as súas portas este sábado

OurenseXa
Para clausurar esta edición, a organización entregará o Premio do Xurado, o accésit, o Premio do Público e homenaxeará ao artista ourensán Jaime Mateo
Cromática 2024
Cromática 2024
14 Sep 2024

Como cada ano desde 2009, Ourense acolleu durante o verán unha nova edición de 'Cromática', unha mostra organizada pola Fundación Cum Laude na que os artistas novos poideron dar a coñecer os seus traballos ao público e que está consolidada como una cita de referencia na cidade.

Nesta edición de 2024, que pecha as súas portas este sábado, participaron 35 artistas tanto locais como internacionais. "Temos un artista chinés, outra italiana, un brasileiro, unha alemá. Sempre foi un concurso internacional", explicaba a presidenta da Fundación Cum Laude, Ángeles Baliño, nunha entrevista a este medio.

Para clausurar esta edición, a organización entregará o Premio do Xurado, o accésit, o Premio do Público e homenaxeará ao artista orensán Jaime Mateo.

 

0.16767597198486