A VIII Gala contra o Cancro de Ourense recada máis de 4.500 euros
David Rodríguez aproveitou a ocasión para sinalar que "xa estamos traballando para a IX Gala contra o cancro dende o minuto 0 de finalizar a gala anterior". Pola súa parte, o Presidente da AECC Ourense, Germán Rodríguez-Sáa quixo destacar o seu agracedemento "a David e a todo o seu equipo por retomar a Gala Contra o Cancro en Ourense. A nós como asociación, permítenos seguir pondo foco sobre a problemática da enfermidade na provincia, ademais permítenos achegarnos a toda a xente que nos dá agarimo e convertelo en momentos moi próximos. Tamén é unha velada distendida para o voluntariado, profesionais, pacientes e familiares. Un agradecemento expreso para David e o seu equipo por ese esforzo e compromiso."
Tras sete anos, a Organización presentou nesta VIII edición, artistas de diferentes estilos, xeracións e carácter. Repetiu o grupo de baile Meigas Tribal, un grupo de danza ourensán que combina estilos de baile que van desde a danza do ventre, pasando polo charleston e o estilo clásico. Tras o seu paso polo reality Operación Triunfo, a cantante nada en Ourol (Lugo), vén de publicar o seu último álbum Cenizas. O seu estilo encádrase dentro do pop, pero coa súa voz tan característica e o seu ritmo particular que se nutre das raíces da nosa terra. E para finalizar coa proposta musical, Dos de copas, un dúo formado por Noemi Blanco e Miriam Carbonell, artistas multidisciplinares, mostraron o seu talento a guitarra e voz, versionando clásicos e interpretando temas propios. E como o humor non puido faltar, en exclusiva e como anticipo, Sobria e Serena tamén coñecidas como Arantxa Treus e Jazmín Abuín, farán un avance do que será o seu espectáculo de humor que comezará a virar por salas de toda España, esta fin de semana. A gala estará conducida polas comunicadoras e presentadoras Lucía Rodríguez e Rafa Durán
A Gala contra o Cancro conta co patrocinio do Concello de Ourense, Auditorio Municipal de Ourense, Deputación de Ourense, Abanca, Academia Postal e Pérez Rumbao e a colaboración de Claqueta Coqueta, Abella Creativa, 20 de Vyrras, Aleuto Medios Dixitais, Grupo Cuevas, Panadería Caneda, Bodegas Gallegas, SOC Comunicación, OSI Gourmet, Coren, Cachaldora Seoane, NH Ourense e Helbagraf Imprenta.