A xornada do Campionato de Billarda de Allariz estivo marcada por un ambiente festivo e competitivo
Allariz encheuse de emoción e tradición ao celebrar o Campionato de Billarda, un evento que reúne a participantes de todas as idades para competir neste tradicional xogo galego.
A xornada, marcada por un ambiente festivo e competitivo, culminou coas finais infantís, xuvenís e sénior nas categorías masculina e feminina.
O campionato comezou cedo na mañá coas roldas preliminares, onde os participantes demostraron a súa destreza e paixón pola billarda, un deporte cuxa práctica en Allariz remóntase xa hai moitos anos. A billarda, tamén coñecida como 'estornela' nalgunhas rexións, é un xogo popular que combina habilidade, precisión e unha rica herdanza cultural.
Na categoría infantil, as parellas finalistas foron Ada Gándara e Cecilia Seara, e Teo Isaach e Pol Iglesias, que "mostraron un gran nivel de compromiso e talento, ofrecendo un espectáculo vibrante aos espectadores", din desde o Concello.
A final infantil decantouse do lado das mozas Ada e Cecilia, deixando unha pegada prometedora para o futuro deste deporte na localidade.
A categoría xuvenil tamén estivo cargada de emoción e competitividade. Tras unha serie de emocionantes partidos, Matteo Pansera e Xoán Blanco consagraronse como campións xuvenis tras vencer a Nuno Fernández e Marcos Vázquez.
Xa pola tarde cun gran ambiente,as finais sénior non quedaron atrás en intensidade. Na categoría masculina, Mikel Tena e Juan Gallego coroaronse campións tras unha disputada final contra Willy Vázquez e Anxo Rivas que mantivo aos espectadores ao limite.
Doutra banda, na categoría feminina, Duna Cid e Sara Blanco demostraron a súa supremacía ante Paloma Conde e Noa Escudero, levándose o primeiro lugar cunha actuación sobresaínte.
O campionato de Billarda de Allariz non só é una competición deportiva, senón tamén unha celebración dunha tradición que se transmite de nais e pais a fillos.
A organización dende a área de cultura do Concello de Allariz agradece a todos os participantes, voluntarios e espectadores o seu apoio e entusiasmo. Este campionato non só celebra a habilidade e o deporte, senón tamén a preservación dunha tradición que é parte integral da cultura de Allariz durante xeracións coincidindo sempre coa Festa da empanada.