A Xunqueira de Ambía acolle esta semana un curso de Autonomía Dixital para adultos

Será este martes, coincidindo coa visita da oficina móbil para expedir certificados dixitais
dixitalizacion
23 Mar 2026

O próximo 24 de marzo, persoal da Subdelegación do Goberno desprazarase ao Concello da Xunqueira de Ambía para expedir certificados dixitais a todas as persoas físicas que o necesiten.

Para aproveitar ao máximo esta ferramenta, o Concello acollerá un curso de Autonomía Dixital dirixido a adultos, que se impartirá na Aula CEMIT, ubicada no antigo cuartel da Garda Civil.

As persoas interesadas poden inscribirse directamente no Concello, combinando así a obtención do certificado dixital coa formación práctica para o seu uso na vida diaria.

0.12727308273315