A Xunta avala ambientalmente a ampliación do centro avícola de Coren en Ourense

OurenseXa
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre o entorno
xunta-coren
24 Jun 2025

A Xunta de Galicia emitiu un informe ambiental estratéxico favorable sobre o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) promovido por Coren para ampliar e modernizar o seu centro de procesado avícola en Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense.

Segundo a resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia, non se prevén impactos ambientais significativos derivados do proxecto, aínda que se establecen condicionantes para reforzar a integración paisaxística, a prevención de incendios mediante a xestión de biomasa, o uso e tratamento da auga e o control do ruído.

O informe forma parte da avaliación ambiental estratéxica simplificada, na que se realizaron consultas previas a diversos organismos. Durante o proceso, púxose a disposición o borrador do PIA e o documento ambiental, sen que se recibisen alegacións cidadás.

O proxecto busca reorganizar e ampliar o solo industrial agroalimentario ocupado por Coren na zona oeste de Ourense, estendendo o centro actual cara a terreos colindantes para adaptar as súas instalacións ás necesidades produtivas actuais.

⚙ Configurar cookies
0.1626341342926