A Xunta conova xunto a Fundación MOP unhas bolsas no estranxeiro para estudantes de fotografía

ACoruñaXa | OurenseXa
Catro alumnos das Escolas de Arte e Deseño Superiores galegas poderán participar nun programa educativo na Fundación Sozzani de Milán durante os meses de setembro a decembro deste ano
Imaxe da Escola de Arte e Superior de Desñeo Pablo Picasso da Coruña
7 May 2024

A Xunta de Galicia apoia a formación do alumnado de fotografía das escolas de arte e superior de deseño de Galicia con estadías de formación no estranxeiro para que completen os seus estudos. Concretamente, estas bolsas están dirixidas a estudantes que finalizaran o segundo curso do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía nalgunha das catro escolas de Galicia.

Esta convocatoria, que se realiza en colaboración coa Fundación MOP, outorgará catro bolsas de estudo (unha por cada escola) na Fundación Sozzani de Milán, incluíndo viaxe, aloxamento, programa educativo e manutención entre setembro e decembro deste ano. As persoas seleccionadas desenvolverán un proxecto fotográfico baixo a supervisión de titores, tendo posibilidade de acceder a clases maxistrais con fotógrafos relevantes, participar en eventos e actividades da propia fundación, así como asistir ao festival PhotoVoque.

Así mesmo, os bolseiros realizarán unha viaxe académica e cultural a cidades como París ou Roma, desenvolvendo actividades en colaboración con escolas de arte, imaxe e fotografía francesas e italianas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17738890647888