A Xunta de Goberno da Deputación mobilizou máis de 1,2 millóns en axudas a entidades e concellos

RibeiraSacraXa | OurenseXa
No que atinxe á colaboración con diferentes entidades, destínanse 271.725 euros a axudas para a Asociación de Gandeiros Macizo Central (Agromacen), para O Gran Camiño e para a Estación de Inverno Manzaneda (Meisa S.A.)
Xunta-de-goberno-deputacion-ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
14 Apr 2025

A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou esta mañá un total de 24 asuntos centrados na cooperación institucional con municipios e diferentes entidades.

Así, para a cooperación con municipios da provincia destínanse un total de 933.783,28 euros, centrados en diferentes obras, melloras e servizos que acometerán as entidades locais.
No que atinxe á colaboración con diferentes entidades, destínanse 271.725 euros a axudas para a Asociación de Gandeiros Macizo Central (Agromacen), para O Gran Camiño e para a Estación de Inverno Manzaneda (Meisa S.A.), en concreto para o Programa EsquiOU 2025.

Na mesma sesión tamén se aprobou unha subvención de 6.000 euros para o Premio Antón Losada, así como unha modificación do destino dos fondos do Plan de Cooperación solicitado polo Concello de Porqueira.

⚙ Configurar cookies
0.13998198509216