A Xunta destinará máis dun millón de euros á rehabilitación de dous edificios en Ourense
A Xunta de Galicia destina un orzamento de máis dun millón de euros á rehabilitación de dous edificios na cidade de Ourense. Un deles está situado na praza de Manuel Sueiro número 3, no casco histórico, e destinarase a 5 vivendas de promoción pública (unha delas adaptada), ademais de 5 rochos e 1 local. O orzamento de licitación ascende a 1,1 millón de euros.
Este edificio a rehabilitar procede da agregación das parcelas situadas na rúa Liberdade 28 e na praza Manuel Sueiro 3 que foi aprobada polo Concello de Ourense en base ao Estudo de detalle presentado polo IGVS.
O segundo inmoble sitúase na rúa Pelaio 9, no casco histórico de Ourense, e destinarase a 1 vivenda de promoción pública. Consta de planta baixa, tres plantas e baixo-cuberta e o orzamento de licitación achégase aos 253.000 euros.