A Xunta e a Deputación de Ourense promoven a figura de Vicente Risco a través dun documental
Coincidindo co 140 cabodano do pasamento de Vicente Risco, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colaboraron para poñer en marcha “Os trazos de Risco”, un traballo audiovisual documental, gravado no Teatro Principal e conformado por 5 capítulos que afondan na figura literaria e cultural que supuxo para a historia da Galicia moderna o escritor ourensán.
O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, recalcou que esta iniciativa enmárcase “na liña da Deputación de manter o legado cultural nosos nosos grandes” e destacou a súa calidade artística así como a súa importancia histórica.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentin García, sinalou tamén a excelencia deste traballo “dun dos grandes arquitectos do pensamento galeguista cuxo papel na historia da Galicia moderna non sempre estivo ben visibilizado”. Ademáis de analizar que pese “á súa inmensa profundidade analítica e a que foi o autor con a visión máis cosmopolita da Xeración Nós, el sempre optou por ser un señor de Ourense e cuxa vida e obra apaixoantes merecen ser coñecidas en Galicia”.