A Xunta e o Concello de Vilamarín abordan proxectos de interese para o municipio

OurenseXa
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, e o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez mantiveron este mércores un encontro de traballo
allegue-amador-vazquez
5 Mar 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, reuniuse este xoves en San Caetano co alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez Vázquez, para tratar cuestións relacionadas co urbanismo e actuacións de interese para o municipio.

No encontro tamén participou a directora territorial da Xunta en Ourense, Pilar Fernández León. Durante a reunión, tanto a conselleira como o alcalde analizaron proxectos e medidas que poden mellorar a planificación urbanística e a calidade de vida dos veciños de Vilamarín.

0.1256730556488