A Xunta investirá 500.000 euros na mellora do abastecemento en San Lourenzo de Fustáns, en Gomesende

OurenseXa
A actuación forma parte dun plan máis amplo que supón 8,5 millóns de euros de investimento na provincia de Ourense para melloras nos recursos hídricos
visita-gomesende
1 Nov 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Gomesende para comunicar á súa alcaldesa, Pura Rodríguez, a próxima licitación das obras de mellora do abastecemento da parroquia de San Lourenzo de Fustáns. Segundo explicou Pardo, ás actuacións destinarase un total de 500.000 euros, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, mediante Augas de Galicia.

O delegado destacou que “o esforzo inversor do Goberno galego para garantir para o futuro a colaboración mantida nos últimos anos entre Augas de Galicia e os concellos ourensáns para optimizar os servizos relacionados coa auga, algo esencial para levar a cabo estas actuacións xa que a planificación e a execución conxunta permiten que se primen as obras máis necesarias e se fagan realidade, optimizando recursos e mellorando a eficiencia das infraestruturas”.

Estas actuacións forman parte dun plan máis amplo que supón 8,5 millóns de euros de investimento na provincia, contía que se cofinancia con fondos propios, europeos e municipais, e inclúe 11 intervencións hidráulicas de maior envergadura e varias obras menores en distintos concellos ourensáns. Entre elas destacan a posta a punto da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de San Cristovo de Cea, cun investimento de 1,1 M€, ou a mellora do abastecemento e saneamento en Ribadavia, Cenlle e Boborás, con proxectos que suman varios millóns.

O delegado subliñou que “todas estas obras supoñen avanzar e garantir para o futuro a colaboración mantida nos últimos anos entre Augas de Galicia e os concellos ourensáns para optimizar os servizos relacionados coa auga, algo esencial para levar a cabo estas actuacións xa que a planificación e a execución conxunta permiten que se primen as obras máis necesarias e se fagan realidade, optimizando recursos e mellorando a eficiencia das infraestruturas”.

Pardo destacou que estas actuacións non só aseguran un abastecemento de calidade, senón que tamén melloran a protección ambiental, a saúde pública e o benestar da poboación, reforzando o compromiso da Xunta co desenvolvemento sostible e a xestión eficiente dos recursos hídricos.

⚙ Configurar cookies
0.079226016998291