A Xunta investiu un millón de euros na mellora de escolas infantís de Ourense nos últimos catro anos

OurenseXa
Estas melloras permitiron poñer a disposición das familias instalacións renovadas para a atención e o coidado dos máis pequenos
xunta-escolas-infantis-ourense
5 Oct 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este sábado as aulas remodeladas da escola infantil Virxe de Covadonga, na cidade de Ourense. Alí destacou que nos últimos catro anos a Xunta destinou un millón de euros á mellora dos centros da rede autonómica de 0 a 3 anos na capital ourensá.

A responsable autonómica lembrou que só este verán o Goberno galego destinou dous millóns de euros a obras de remodelación e creación de novos espazos en escolas infantís de toda Galicia. No caso concreto de Ourense, apuntou que as actuacións realizadas en agosto supuxeron un investimento de 213.000 euros. Segundo explicou, estas melloras permiten poñer a disposición das familias instalacións renovadas para a atención e o coidado dos máis pequenos.

Durante a visita, García subliñou ademais que Galicia é “a única comunidade na que a educación infantil 0-3 é totalmente gratuíta para as familias”. Unha medida pioneira que, indicou, xa beneficia a máis de 32.000 fogares galegos grazas a un esforzo investidor de máis de 65 millóns de euros con fondos propios. Neste sentido, lembrou que “a nosa comunidade conta coa maior ratio de escolarización na etapa infantil” e avanzou que “o obxectivo é que este curso 2025-2026 volvamos ser líderes a nivel nacional”.

⚙ Configurar cookies
0.12385702133179