A Xunta inviste preto de 50.000 euros na mellora das escolas infantís públicas autonómicas de Ourense

OurenseXa
O obxectivo é que esta rede de centros reinicie a súa actividade en setembro coas instalacións renovadas
Jacobo Rey visita as escolas infantís públicas autonómicas da cidade de Ourense
3 sep 2024

A Xunta de Galicia inviste preto de 50.000 euros en obras de mellora nas escolas infantís públicas autonómicas da cidade de Ourense. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta luns dúas delas: a da Antela, onde se reformou o patio, e a da Farixa, na que se arranxaron diferentes paredes. Ademais, renovouse a cociña do centro Virxe de Covadonga. O Goberno galego aproveita o período de inactividade nas escolas infantís durante o mes de agosto para desenvolver estes traballos e evitar, así, interferir na actividade dos centros durante o resto do ano.

En total, a Xunta inviste este verán tres millóns de euros para realizar reformas en escolas infantís públicas autonómicas de toda Galicia.

Gratuidade 0-3 anos

O obxectivo é que esta rede de centros reinicie a súa actividade en setembro coas instalacións renovadas. O curso que vén será o terceiro curso coa gratuidade do 100% das escolas infantís galegas, tanto públicas como privadas ou de entidades sociais. Unha medida na que a Xunta de Galicia inviste 60 millóns de euros para poder chegar a máis de 32.000 familias e ofrecerlles un aforro anual medio de máis de 3.000 euros.

0.21017098426819