A XV edición do Festival de Xardíns de Allariz recibiu xa preto de 3.000 visitas

OurenseXa
O recinto permanecerá aberto ata o 31 de outubro
festival-internacional-de-jardines-de-allariz
Festival Internacional de Xardíns de Allariz
13 Jun 2025

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) reafirma o seu impacto e capacidade de atracción: desde a súa apertura o pasado 17 de maio, preto de 3.000 persoas xa se achegaron ao recinto para coñecer de primeira man a proposta da súa décimo quinta edición.

Un dato que consolida o FIXA como unha cita de referencia no panorama paisaxístico e cultural, e que reflicte o interese crecente por iniciativas que combinan arte, natureza e conciencia ambiental.

Baixo o lema “O cambio climático: unha oportunidade para o xardín”, a edición deste ano propón unha reflexión profunda sobre o papel dos espazos verdes fronte á emerxencia climática. Os xardíns presentados convidan á acción, á esperanza e á transformación, facendo do deseño paisaxístico unha ferramenta de diálogo co medio.

O recinto permanecerá aberto ata o 31 de outubro, ofrecendo a visitantes e profesionais unha experiencia única que mestura creatividade, sostibilidade e compromiso.

Con quince edicións ás costas, o FIXA segue a ser o único festival destas características en todo o Estado, e continúa a medrar como referente para especialistas do sector, público xeral e como un dos grandes atractivos turísticos de Allariz.

⚙ Configurar cookies
0.16046500205994