A XVI Andaina de Coles destinará parte da recadación á veciñanza de San Vicente de Leira afectada polos incendios

OurenseXa
Será o vindeiro 19 de outubro e requerirá de inscrición previa
andaina-coles
28 Sep 2025

O Concello de Coles celebrará o domingo 19 de outubro a súa XVI Andaina, unha cita deportiva e solidaria que este ano ten como obxectivo apoiar á Asociación de Veciños de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras), localidade seriamente afectada pola onda de incendios do pasado verán.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente chamando ao 988 205 134 antes do 15 de outubro. A cota é de 7 euros, dos cales 4 irán destinados á asociación beneficiaria e 3 cubrirán gastos de organización. O pagamento realizarase o mesmo día da proba, media hora antes da saída, no momento da entrega dos dorsais.

A saída terá lugar ás 9:30 horas desde o Campo da Feira de Cambeo, con dúas opcións de percorrido circular: unha ruta curta de 10 quilómetros e unha ruta longa de 21 quilómetros, adaptándose así a diferentes niveis de preparación física.

⚙ Configurar cookies
0.088398933410645