Aberta a convocatoria para as axudas destinadas ás ANPAS da provincia

OurenseXa
O goberno provincial vén de aprobar as bases reguladoras desta liña de achegas, dotada con 50.000 euros
Xunta-de-goberno-deputacion-ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
18 Mar 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar a mobilización dun total de 333.493,29 euros. Desta cantidade, 283.493,29 euros están destinados a axudas para a cooperación con diferentes municipios da provincia, coa finalidade de executar obras e servizos.

Na mesma sesión, aprobáronse as bases reguladoras da convocatorio do concurso público para a concesión de subvencións a asociacións de nais e pais (Anpas) de centros educativos de Ourense que impartan ensinanzas de educación infantil, primaria e/ou ensinanzas obrigatorias que desenvolvan accións no eido da educación durante o curso escolar 2024/2025.

Esta liña de axudas foi posta en marcha pola Deputación no pasado exercicio. A contía da subvención concedida estará en función do custo dos programas/actividades, sendo o máximo establecido a conceder de 2.000,00 euros por beneficiario. En ningún caso o importe da achega poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras Administracións Públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade a desenvolver polo/a beneficiario/a. A porcentaxe subvencionable pola Deputación non poderá exceder do 50% do custo da actividade a que se aplique.

O prazo improrrogable de presentación iniciarase a partir da publicación da convocatoria regulada nestas bases na Base de Datos Nacional de Subvencións, e rematará o 30 de abril de 2025.

⚙ Configurar cookies
0.13554811477661