Aberta a convocatoria para participar no Concurso de Carteis da Verbena do Rella 2026

OurenseXa
A Asociación Cultural Rebulir ten aberto ata o 25 de marzo o prazo para enviar as propostas
verbena-do-rella
Verbena do Rella 2025
19 Mar 2026

A Asociación Cultural Rebulir abriu a convocatoria do Concurso de Cartel da Verbena do Rella 2026, co obxectivo de seleccionar a imaxe oficial que representará esta festa da cultura tradicional galega.

A iniciativa está aberta a todas as persoas, tanto individualmente como en grupos, e cada participante poderá presentar ata dúas propostas. Os cartaces deberán incluír unha referencia á figura de Manuel “O Rella”, gaiteiro que inspira o evento.

A Verbena do Rella 2026 celebrarase o 4 de xullo en Vilavidal, no Concello de Ramirás. O prazo límite para enviar as propostas finaliza o 25 de marzo de 2026 ás 23:59 horas.

Ademais, haberá unha votación popular nas redes sociais antes da decisión final do xurado. O cartel gañador recibirá como premio unha tablet ou vale equivalente, un lote de libros do Consello da Cultura Galega e un diploma acreditativo.

A asociación anima a todos os artistas, deseñadores e afeccionados á creación a participar nesta oportunidade para formar parte dunha das citas máis destacadas da cultura tradicional galega.

0.14494514465332