Abertas as inscricións para a Andaina contra a Violencia de Xénero de Paderne de Allariz

O Concello de Paderne de Allariz informa de que xa están abertas as inscricións para participar na nova edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, que se celebrará o sábado 23 de novembro.
Nesta ocasión, tanto a saída como a chegada estarán situadas na localidade de Penelas. A marcha partirá ás 9:30 horas desde a praza, xunto ao Café Bar O Caso, e rematará no Café Bar Manuel.
O percorrido discorrerá por parte da ruta de San da Pedra e polo Camiño de Santiago, pola Vía da Prata. Haberá dúas opcións de traxecto: unha ruta longa de 15 quilómetros e unha ruta de escape de 8 quilómetros. A inscrición ten un custo de 8 euros e permanecerá aberta ata o 20 de novembro.