Abertas as inscricións para o campionato de billarda de Allariz

OurenseXa
Terá lugar do 5 ao 14 de agosto na Barreira e poden participar tanto os máis pequenos como os adultos
cartel campeonato billarda allariz
Cartel do campionato de billarda
21 Xul 2024

O torneo de billarda de Allariz deste ano terá lugar do 5 ao 14 de agosto na Barreira.

As inscricións realizaranse na Casa da Cultura ata o venres 2 de agosto e cada parella debe levar un pau e billarda pola súa conta. Ademais, poden inscribirse en cultura@allariz.gal ou chamando ao teléfono 988 440 859.

O campionato estará dividido en dúas categorías, unha infantil, para os nenos de ata 12 anos, e a sénior, que vai desde rapaces de 18 anos en adiante.

A categoría adulta xogarase en varios días, do 5 ao 9, ás 19.00 horas, serán as eliminatorias e o mércores 14 a final. Os máis pequenos xogarán só ese mércores pola mañá, ás 11.00 horas.

 

 

 

0.073483943939209