Abertas as inscricións para o Trail Paderne de Allariz 2026

OurenseXa
A proba será o 22 de marzo e as inscricións poderán realizarse ata o día 18
trail-paderne-de-allariz
24 Feb 2026

O Trail Paderne de Allariz 2026, que se celebrará o próximo 22 de marzo, xa ten abertas as inscricións. A proba sairá desde o Pavillón Polideportivo de Paderne de Allariz e contará con dúas modalidades: unha carreira de 25 km, que dará comezo ás 09:15 horas, e outra de 15 km, prevista para as 10:00 horas.

O custo da inscrición é de 18 euros, e os interesados poderán formalizala ata o 18 de marzo. O evento está organizado por Club RunManiak Box001 Ourense, en colaboración co Concello de Paderne de Allariz, a Deputación de Ourense e o Inorde.

0.087817907333374