Abertas as inscricións para participar na 7ª edición da Carreira da Muller de Ourense

A cidade de Ourense celebrará a 7ª edición da Carreira da Muller o próximo domingo, 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller, cun percorrido inclusivo e familiar que sairá ás 11:00 horas da Praza Maior.
A Carreira da Muller 2026 ofrecerá distancias adaptadas a todo tipo de participantes, desde un percorrido de 1 km para persoas con mobilidade reducida ata 5 km para quen desexe completar a carreira absoluta. “Esta Carreira invita ás familias a participar, permitindo a inscrición de mozos e nenos acompañados dos seus pais, asegurando unha experiencia deportiva inclusiva e familiar”, destacan os organizadores.
O percorrido da carreira absoluta transcurrirá polas principais rúas peonís do centro da cidade e polas beiras do río Barbaña. A carreira inclusiva, de 1 km, partirá da Praza Maior e percorrerá a rúa Das Tendas, La Paz, Santo Domingo, Paseo, Lamas Carvajal, finalizando novamente na Praza Maior. Nesta modalidade participarán persoas con mobilidade reducida pertencentes ás asociacións AODEMPER, Asociación Contra o Cancro Ourense e calquera outra persoa que se inscriba.
As inscricións estarán abertas ata o xoves 5 de marzo a través da plataforma Sportmaniacs. Os dorsais entregaranse o venres 6 e o sábado 7 de marzo na tenda RunManiak, en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas. Non se entregarán dorsais o día da proba.
Na edición de 2025, máis de 650 participantes gozaron dunha xornada deportiva e de ocio en familia. A Carreira da Muller 2026 está organizada polo Club RunManiak Box 001 Ourense en colaboración con AODEMPER e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC).