Abren as inscricións para participar na I Festa do Maior do Concello de Toén

O Concello de Toén vén de abrir as inscricións para a súa I Festa do Maior, unha celebración que terá lugar o 5 de abril no Pavillón do CEIP Saco e Arce e que busca render homenaxe ás persoas maiores do municipio, recoñecendo a súa experiencia, forza e dignidade.
Poderán anotarse persoas maiores de 65 anos até o día 17 de abril e o prezo do xantar será de 5 euros para empadroados e de 30 euros para non empadroados. A celebración terá lugar o 25 de abril no Pavillón do CEIP Saco e Arce, a partir das 12:00 horas, e
omezará cunha misa solemne na que participarán a A.C. Breogán de San Pedro de Moreiras e a Agrupación Zoar do Vento de Toén, continuando ás 14:00 horas cun xantar que incluirá cocido completo, bica, viño D.O. Ribeiro e licores, co que se completará a sobremesa amenizada pola Charanga A Felga, para favorecer a convivencia e o ambiente festivo entre os asistentes.