Aberto o prazo de inscrición da Aula Concilia para o próximo curso escolar

OurenseXa
Remata o 14 de agosto e as solicitudes deberán estar debidamente cumprimentadas e firmadas
nenos-xogando
Neno xogando cuns bloques
17 Xul 2024

O Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación, Aula Concilia, o vindeiro curso 2024/2025. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e familiares.

O prazo de inscrición, que xa está aberto, remata o 14 de agosto e as solicitudes, que deberán estar debidamente cumprimentadas e firmadas, poderanse presentar nas oficinas de rexistro do concello ou a través da sede electrónica.

O 26 dese mesmo mes publicaranse as listas provisionais, deixando posteriormente un prazo para emendar posibles errores, e o 4 de setembro publicaranse as listas definitivas.

No caso de que queden prazas vacantes, de forma excepcional, poderán solicitar o servizo aquelas familias que necesiten conciliación por motivos laborais esporádicos, de formación, ou por ter familiares dependentes ao seu cargo, achegando a oportuna xustificación documental.

0.19446802139282