Aberto o prazo de inscrición no Campamento de Verán do Concello de Celanova

OurenseXa
As actividades desenvolveranse do 30 xuño ao 29 agosto
campamento-celanova
2 Jun 2025

O Concello de Celanova abre este luns, 2 de xuño, o prazo para inscribirse no Campamento de Verán de 2025, destinado a nenos e nenas nados entre 2013 e 2022. A iniciativa ten como obxectivo ofrecer un espazo de lecer para os nenos e nenas da vila durante o verán, ao tempo que favorece a conciliación entre as familias do municipio.

As actividades levaranse a cabo entre o 30 de xuño e o 29 de agosto no Pavillón das Triguerizas en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de xuño no rexistro do Concello de Celanova, de forma presencial ou telemática.

⚙ Configurar cookies
0.17721080780029