Aberto o prazo de inscrición para o campamento de Nadal de Baños de Molgas

O Concello de Baños de Molgas puxo en marcha o Campamento Concilia Nadal, unha iniciativa municipal destinada a facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares e a ofrecer ás crianzas un espazo seguro e educativo.
O campamento desenvolverase do 22 de decembro ao 7 de xaneiro e está dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. O horario será de 10:00 a 14:00 horas, cun servizo adicional de madrugadores dispoñible de 9:00 a 10:00 horas.
As inscricións estarán abertas do 9 ao 19 de decembro e as familias interesadas poden anotar aos seus fillos chamando ao 988 43 00 00 ou acudindo ás oficinas municipais.