Aberto o prazo de inscrición para o Concurso de Pinchos de Ourense 2025

OurenseXa
Este ano, como novidade, o concurso coincidirá coas Festas de Ourense
Entrega dos premios do Concurso de Sabores e Pinchos de Ourense 2024
Concurso de Pinchos de Ourense 2024
14 May 2025

O Concello de Ourense abre hoxe o prazo de inscrición para o Concurso de Pinchos de Ourense 2025. Os locais interesados en participar poden inscribirse ata o 6 de xuño a través da páxina web do Concello.

O certame chega este ano con moitas novidades. Desenvolverase durante o mes de xuño, desde o venres 13 ata o sábado 21, coincidindo coa semana das Festas de Ourense, que se celebrarán do 18 ao 22. O prezo dos pinchos deberá situarse entre 2,50 euros e 4 euros.

En canto aos premios, incorpórase unha nova categoría: Pincho Clásico, co obxectivo de recoñecer e promocionar as mellores delicatessen que se ofrecen de forma habitual na cidade. Habrán tres premios de 1.500, 1.000 e 500 euros, respectivamente.

A segunda categoría será a de Pincho Innovación 2025, que premiará creacións inéditas e orixinais, tamén con tres galardóns de 1.500, 1.000 e 500 euros.

Ademais, entre todos os pinchos inscritos no concurso, outorgarase un premio de 400 euros ao melhor Pincho Celíaco, isto é, aquel que non utilice glute na súa elaboración.

Os premios (Clásico e Innovación) serán decididos mediante unha combinación do voto popular e do xurado profesional, e a gran gala de entrega de premios celebrarase o domingo 22, coincidindo coa última actuación musical das Festas de Ourense, xusto antes da tirada dos fogos artificiais.

⚙ Configurar cookies
0.15982985496521