Aberto o prazo de inscrición para o Curso 2025/2026 da Escola de Música de San Cibrao das Viñas

O Concello de San Cibrao das Viñas informa que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso 2025/2026 da Escola de Música. As prazas están destinadas exclusivamente a novos alumnos empadroados no municipio. O prazo para formalizar a inscrición permanecerá aberto ata o 3 de setembro.
As especialidades dispoñibles inclúen música e movemento para nenos de 4 a 6 anos, vento metal como trompeta, trompa e trombón, vento madeira como clarinete, frauta traveseira e saxofón, e percusión para alumnado a partir dos 7 anos. Unha vez pechado o prazo, o persoal da Escola de Música contactará cos inscritos para establecer os horarios.