Aberto o prazo de inscrición para o Curso de Atención Sociosanitaria en Xunqueira de Ambía

O curso arrancará o 26 de novembro e está dirixido a calquera persoa interesada en traballar no ámbito dos coidados
maiores-recurso
4 Oct 2025

O Concello de Xunqueira de Ambía abriu o prazo de inscrición para o Curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. A formación está dirixida a calquera persoa interesada en traballar no ámbito dos coidados, tanto no fogar como en residencias.

O curso desenvolverase de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, a partir do 26 de novembro. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición no mesmo horario de luns a venres, directamente no Concello.

⚙ Configurar cookies
0.066313028335571