Aberto o prazo de matrícula na Casa Niño “Suma e Segue” de Baños de Molgas

OurenseXa
O centro ofrece servizo de atención infantil para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos
nenos-xogando
12 Apr 2026

A Casa Niño “Suma e Segue” de Baños de Molgas ten aberto ata o 30 de abril o período de matrícula para o próximo curso, dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 3 anos.

O centro ofrece un servizo de atención infantil nun entorno próximo e cunha atención profesional, segundo destacan desde a propia iniciativa. Trátase dun espazo pensado para garantir o coidado e o acompañamento dos máis pequenos nunha etapa clave do seu desenvolvemento, nun ambiente seguro.

As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a inscrición a través do teléfono 638 39 32 38. Desde o centro lembran que as prazas son limitadas, polo que recomendan non demorar a matrícula.

0.12904906272888