Aberto o prazo de matrícula na Escola Infantil de Allariz para o curso 2026/27

O proceso de admisión na Escola Infantil de Allariz para o curso 2026/27 xa está en marcha. As familias interesadas en escolarizar a nenas e nenos de entre 0 e 3 anos poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 7 de abril.
A tramitación poderá realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial no propio centro. Neste caso, será necesario solicitar cita previa chamando ao teléfono 988 440 219.