Aberto o prazo para anotarse na Escola de Teatro de San Cibrao das Viñas para o curso 2025/2026

Haberá diferentes grupos segundo a idade dos participantes para que podan asistir todas as persoas empadroadas interesadas en aprender técnicas de interpretación
recurso-teatro
23 Aug 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo de inscrición para a Escola de Teatro 2025/2026, un espazo destinado ás persoas empadroadas interesadas en aprender técnicas de interpretación, expresión corporal e traballo en equipo. As inscricións poderán realizarse na páxina web do Concello ata o 31 de agosto.

O curso estrutúrase en tres grupos segundo a idade dos participantes, con horarios martes e xoves: os máis novos, a partir de oito anos, asistirán de 17:30 a 19:00 horas; o grupo xuvenil participará de 19:00 a 20:30 horas; e os adultos terán sesións de 20:30 a 22:00 horas. Esta iniciativa busca ofrecer á veciñanza unha oportunidade para descubrir e desenvolver as súas habilidades artísticas nun ambiente formativo e participativo.

⚙ Configurar cookies
0.16957902908325